Hoxe as profes presentáronnos a Pepiño o Raposo. Faláronnos de que vivía nun bosque de Galicia onde había moitos carballos. A ese tipo de bosques chámase carballeira. Dixéronnos que Pepiño ía ensinarnos moitísimas cousas sobres os nosos bosques: as súas plantas, os seus animais, que temos que facer para coidadalos, que obtemos deles,...
Despois puxemos o noso nome na portada do proxecto e fichemos unha ficha onde axudábamos a Pepiño que estaba perdido a voltar á súa carballeira:
Cando rematamos empezamos a montar o noso rincón do proxecto. Forramos unhas mesas, coloreamos letras e debuxos dos bosques, e empezamos a pintar un Pepiño.
PREPARAMOS OS RINCÓNS on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario