19 jun. 2012

VISITA Á LAGOA DE DONIÑOS




Ainda que xa rematamos o noso proxecto sobre os bosques, tiñamos pendente unha excursión á LAGOA DE DONIÑOS. Así que hoxe pola mañá fixemos un itinerario medioambiental pola lagoa. Foi unha experiencia fantástica. Coñecimos prantas e arbustos novos como a herba de San Roberto, o torvisco, a malcomia,... lembramos o nome dalgunhas que xa coñeciamos como as estaletas, os toxos, as xestas,... vimos árbores como oliveiras, nogueiras, castiñeiros,.. e tamén cardos, allos bravos,... Escoitamos as rás, observamos insectos como bolboretas, libélulas e reis reis; contemplamos cos prismáticos paxaros como gaivotas e anduriñas e o mellor de todo, cando nos achegamos á beira da praia vimos nin máis nin menos que  DOUS GOLFIÑOS NADANDO!!!!! Que preciosidade! Mágoa que quedaran un pouquiño lonxe e se agocharan tralas rochas polo que non poidemos quitarlles ningunha foto. Aquí vos deixamos estas fotos dalgunhas das cousiñas que vimos:

22 mar. 2012

PLANTAMOS ÁRBORES!!!!!


Non podía haber mellor remate para o noso proxecto que plantando árbores. Así que aproveitando que o pasado mércores 21, foi o día da Árbore,  fomos a un bosque cercano ao colexio ao que se accede polo noso patio exterior e alí plantamos nin máis nin menos que dez árbores entre castiñeiros y nogueiras. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:

PLANTAMOS on PhotoPeach

21 mar. 2012

NOVA CHARLA SOBRE OS BOSQUES

Hoxe é o día da árbore. Antes do recreo, reunímonos todos no salón de actos e alí tivemos unha charla que se encadra dentro da CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL:O MONTÉ É A NOSA VIDA promovida por CONFEMADERA-GALICIA en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Alí faláronnos de por que ás árbores se lles adica un día mundial, da importancia que teñen, de que son os pulmóns da Terra, da biodiversidade animal e vexetal que hai nos bosques galegos, de todos os beneficios que nos aportan, ...
Despois fixéronnos unhas preguntiñas e nós as acertamos todiñas por algo estivemos estudiando os bosques durante estes dous trimestres non?



Collage feito con Microsoft Autocollage 2008

9 mar. 2012

REMATANDO O PROXECTO


Estamos a piques de rematar, o noso proxecto sobre os bosques. A principios de semana e para reafirmar iso de que nós tamén podemos axudar a coidar os bosques, fixemos un TALLER DE PAPEL RECICLADO grazas á profe Feli do cole de Pazos, o meu antigo centro,que nos prestou todo o necesario. Sabiades que ao longo do día utilizamos o papel para moitísimas cousas? Non o credes? Atentos aos mil usos do papel:



Aquí vos amosamos como o fixemos:




E para que lembrasen como o fixemos e non se lles olvide, fixemos esta ficha:


E xogamos a estes  xogos:






O mércores retiramos en todas as clases á nosa mascota PEPIÑO, O RAPOSO para deixar sitio para o novo proxecto. E vos preguntaredes, que pasou cos Pepiños? Tirámolos ao lixo? Non, os catro Pepiños que presidían as nosas clases, están agora decorando unha das paredes do cole. Queredes velo?


E hoxe vimos todos xuntos a película: "O BOSQUE ANIMADO" no salón de actos. Aquí vos deixamos un extracto da película:


1 mar. 2012

LIBRO LIM: OS NOSOS BOSQUES



Para reforzar todo o aprendido durante o proxecto, hoxe faremos na PDI este libro lim que prepararon as profes:



Así como este GLOGSTER con xogos, contos e cancións sobre o MEDIO AMBIENTE:



27 feb. 2012

COMO PODEMOS AXUDAR A COIDAR OS BOSQUES?


Despois do parón por mor do miniproxecto do Entroido, a semana pasada retomamos o noso proxecto sobre os bosques que xa estamos a piques de rematar. E que mellor forma que falando das cousiñas que podemos facer nós para axudar a coidar os bosques? Preguntádevos que podemos facer? Pois ben ainda que somos pequenos son moitas as accións que podemos facer para axudar á conservación dos nosos bosques, como:

* Participar en labores de reforestación, plantando árbores e pos suposto coidando as que xa temos.
* Reciclar os produtos derivados da madeira que consumimos.
* Utilizar papel reciclado e usar só as follas que precisamos  aproveitándoas ao máximo.
* Separar o papel e o cartón para reciclalos.
* Coidar a auga dos ríos e do mar empezando por aforrala na casa: non deixando as billas abertas, dándonos duchas no lugar de baños,...
* Non permitir que se acendan fogueiras no monte porque son MOI PERIGOSAS e poden causar incendios.
* Denunciar se vemos a alguén botando augas sucias ou aceites aos campos ou ríos xa que contaminan os contaminan.
* Respetar o contorno e manténdoo limpo.
* Respetar todas as especies vexetais e animais que viven nel.
* Colaboraro nas accións de limpeza, xa sexa de lixo ou de ramas secas e follas..

Fixemos esta ficha para lembrar algunhas das cousas que dixemos:


Escoitamos o conto:O BOSQUE ENCANTADADO e nos divertimos na PDI facendo as actividades con este libro LIM que preparou unha das nosas profes coa axuda dunhas compañeiras doutro cole:



E tamén traballamos con este recurso que atopamos sobre o coidado da natureza:


xogamos a este xogo sobre a reciclaxe de papel:


e escoitamos a canción Había una vez un bosque., utilizado na campaña de REFORESTACIÓN:

9 feb. 2012

PROFESIÓNS RELACIONADAS COS BOSQUES


Hoxe falamos dalgunhas das profesións relacionadas cos bosques como leñador, gardabosques e bombeiro aos que debemos estarlles agradecidos porque  entre outras cousas, se encargan de limpar os bosques, vixiar que estean en boas condicións e apagar os incendios. Primeiro xogamos ás adiviñas con esta presentación que fixemos utilizando AuthorSTREAM:

Despois fixemos esta fichiña:



e xogamos ao xogo do GARDABOSQUES:

3 feb. 2012

OS PERIGOS DOS BOSQUES (II)


Esta semana continuamos vendo cales eran os perigos que acechaban aos bosques ademais dos incendios. Así vimos que outro dos perigos que sofren algúns bosques é o seu estado de ABANDONO. Por iso é importante que nas zonas nas que existe perigo de incendio, se limpen os bosques de maleza e madeira morta. Por outra banda, algunhas persoas desfanse de certos obxectos, lixo ... deixándoos no bosque. NUNCA DEBEMOS UTILIZAR OS BOSQUES PARA BOTAR O LIXO!!!!!




Tamén aprendimos que a tala incontrolada de árbores  fai que os bosques queden desprotexidos e os animais sen fogar. A isto chámase DEFORESTACIÓN. E para que se cortan as árbores? As persoas cortan as árbores para facer pistas forestais, cortalumes, construir vivendas, fabricar mobles, facer papel,... Pero non sempre é malo talar as árbores sempre que se faga de forma responsable e equilibribada, xa que as veces é necesario cortar unha árbore vella para deixar sitio ás plantas xóvenes e asi que o bosque se renove. Vimos o seguinte video:



Fichemos estas fichas:



Pero non só os incendios, o abandono e a deforestacións afectan á saude dos nosos bosques senón que hai outros perigos como a sequía, as plagas de insectos e a contaminación.
Despois disto, chegamos á conclusión de que a maioría das veces, o culpable de que o bosque se destrúa é o ser humano, por iso debemos concenciarnos da importancia que teñen os bosuqes, dos seres que viven neles e dos benefecios que nos aportan e que senón podemos perder. POR ESTE MOTIVO TEMOS QUE COIDALOS, XA QUE ELES NOS COIDAN A NÓS!!!!!!!

25 ene. 2012

OS PERIGOS QUE ACECHAN AOS NOSOS BOSQUES


Despois de ver todos os beneficios que nos aportan os bosques, ao longo desta semana falamos dos perigos que os acechan. Moitos teñen que ver con nós, os seres humanos. Un dos máis importantes son OS INCENDIOS.  Aprendimos que os incendios destrúen os bosques deixando un mundo gris onde antes había vida, que eliminan a cuberta vexetal favorecendo a erosión, producen contaminación ambiental a través do fume e ademais fan que moitos animais coma Pepiño queden ser fogar ou o que é peor atrapados nas lapas.
Vimos os seguintes videos:





Fixemos as seguintes fichas:


E xogamos a estes tres xogos:




16 ene. 2012

FUNCIÓNS DOS BOSQUES

Sabemos que as plantas non viven ailladas senón que conviven con outros seres formando unha gran familia que é o bosque e que os bosques son moi beneficiosos para nós. Hoxe quixemos profundizar un pouquiño máis no  tema, que con esta aplicación aprendimos cales son as funcións dos bosques:

13 ene. 2012

MURAL DOS BENEFICIOS DOS BOSQUES


Despois de ver cales son os beneficios que nos ofrecen os bosques, e vendo o bonita que nos quedou a ficha que fixemos, decidimos facer un mural igualiño para poñer no noso corredor. Así que as profes dividiron a ficha en trinta e seis pezas utilizando un programa que se chama BLOCK POSTERS e cada un de nos pintou unhas cuantas.





Hoxe xuntámonos dúas clases e pegamos cada peza no seu lugar correspondente. MENOS MAL QUE ESTABAN NUMERADAS!!!!




Despois para comprobar se nos lembrábamos de todos os beneficios que nos aportan os bosques, entre todos fixemos este cuestionario:


9 ene. 2012

OS BENEFICIOS DOS BOSQUES

Retomando o noso proxecto dos bosques, despois das vacacións de Nadal, hoxe comezamos coa pregunta: QUE NOS PROPORCIONAN OS BOSQUES? E tivemos moitas respostas, a maioría madeira e comida (cogumelos, froitas,...).
Despois de falalo chegamos á conclusión de que os bosques son moi xenerosos coas persoas: proporciónannos madeira para facer papel e mobles; combustible para quentarnos (leña), alimentos ( froitos, caza, pesca), mediciñas (plantas medicinais), perfumes (plantas aromáticas), osíxeno para respirar e ademais son lugares de ocio (podemos facer sendeirismo, acampada,...)
Fixemos esta ficha para lembrar todo o que dixeramos:


E para pasar un ratiño entretido, que mellor que a baralla de Edufores xa que como eles din: "Esta baralla relaciona o bosque cos diferentes produtos forestais. Xogando con ela ao coñecido xogo de familias ou á vasoira, os escolares se familiarizan con estes productos renovables e reciclables e coa súa orixe natural".



Despois de ver o xenerosos que son os bosques connosco, vimos o seguinte video:





e xogamos ás parellas con todo o que nos aportan os bosques:


21 dic. 2011

FELICITACIÓN DE NADAL

Nestas datas queremos felicitar a todos os nenos e nenas que participaron no proxecto dos bosques e tamén ás súas profes sen as cales este proxecto non podería ser levado a cabo. No blog da nosa amiga María José Fano, "DESVÁN DE PALABRAS", atopamos unha felicitación chulísima . Gustounos tanto que decidimos facer unha similar. Para iso fixemos unha presentación en POWER POIN T, despois a pasamos a video utilizando o programa LEAWO POWER POINT TO VIDEO  e por último o subimos ao noso canal de YOUTUBE. Aquí tedes o resultado:

19 dic. 2011

COÑECENDO AS NOSAS FRAGAS

Agora que xa rematamos de estudar os seres vivos que hai nos bosques, hoxe fixemos esta actividade JClic onde repasamos algúns animais e algunhas árbores que podemos atopar nos bosques e fragas galegos.


Moitas grazas ao C.E.I.P Galán de A Coruña por compartirlas.

16 dic. 2011

CAZA DO TESOURO:COÑECENDO AS VACALOURAS

Como o prometido é débeda, hoxe fomos a aula de informática a aprender moitas cousas sobre as vacalouras. As profes tíñannos preparada unha CAZA DO TESOURO para que averigüaramos moitas cousas sobre elas así que coa axuda dos que sabían ler puxémonos mans a obra e aprendimos un montón de cousas sobre estes enormes insectos. Clica na imaxe:

14 dic. 2011

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Continuando cos animais que habitan  nos bosques galegos aprendimos que hai dous animais en Galicia que están en perigo de extinción.  EXTINCIÓN? Ao principio non sabiamos o que quería dicir esa extraña palabra pero despois de falalo descubrimos que eran animais que estaban a puntiño de desaparecer. Son:
A PITA DO MONTE

e a VACALOURA ou ESCORNABOIS:


O escornabois gustounos moito e quixemos aprender moito máis sobre él así que as profes prometéronnos que o venres  iríamos a informática a aprender moitas cousas sobre eles.

Mentras tanto, fixemos estes PUZZLES sobre eles que elaboramos en JIGSAW PLANET:


preview12 piecePITA DO MONTEpreview12 pieceVACALOURA

9 dic. 2011

REPASANDO CONCEPTOS MATEMÁTICOS

Hoxe fomos a PDI. Unha vez alí estivemos coloreando unha paisaxe dun bosque. Era moi divertido porque ademais de colorear podíamos colocar animais e plantas.


Aproveitamos o xogo para repasar conceptos matemáticos: máis/menos, conteo,... Cantos animais saían no noso debuxo? E que pasaba se se ían algúns? Había máis nun debuxo ou noutro?

Despois fixemos estas sinxeliñas fichas :