Mostrando entradas con la etiqueta VIDEOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIDEOS. Mostrar todas las entradas

9 mar 2012

REMATANDO O PROXECTO


Estamos a piques de rematar, o noso proxecto sobre os bosques. A principios de semana e para reafirmar iso de que nós tamén podemos axudar a coidar os bosques, fixemos un TALLER DE PAPEL RECICLADO grazas á profe Feli do cole de Pazos, o meu antigo centro,que nos prestou todo o necesario. Sabiades que ao longo do día utilizamos o papel para moitísimas cousas? Non o credes? Atentos aos mil usos do papel:



Aquí vos amosamos como o fixemos:




E para que lembrasen como o fixemos e non se lles olvide, fixemos esta ficha:


E xogamos a estes  xogos:






O mércores retiramos en todas as clases á nosa mascota PEPIÑO, O RAPOSO para deixar sitio para o novo proxecto. E vos preguntaredes, que pasou cos Pepiños? Tirámolos ao lixo? Non, os catro Pepiños que presidían as nosas clases, están agora decorando unha das paredes do cole. Queredes velo?


E hoxe vimos todos xuntos a película: "O BOSQUE ANIMADO" no salón de actos. Aquí vos deixamos un extracto da película:


9 feb 2012

PROFESIÓNS RELACIONADAS COS BOSQUES


Hoxe falamos dalgunhas das profesións relacionadas cos bosques como leñador, gardabosques e bombeiro aos que debemos estarlles agradecidos porque  entre outras cousas, se encargan de limpar os bosques, vixiar que estean en boas condicións e apagar os incendios. Primeiro xogamos ás adiviñas con esta presentación que fixemos utilizando AuthorSTREAM:

Despois fixemos esta fichiña:



e xogamos ao xogo do GARDABOSQUES:

3 feb 2012

OS PERIGOS DOS BOSQUES (II)


Esta semana continuamos vendo cales eran os perigos que acechaban aos bosques ademais dos incendios. Así vimos que outro dos perigos que sofren algúns bosques é o seu estado de ABANDONO. Por iso é importante que nas zonas nas que existe perigo de incendio, se limpen os bosques de maleza e madeira morta. Por outra banda, algunhas persoas desfanse de certos obxectos, lixo ... deixándoos no bosque. NUNCA DEBEMOS UTILIZAR OS BOSQUES PARA BOTAR O LIXO!!!!!




Tamén aprendimos que a tala incontrolada de árbores  fai que os bosques queden desprotexidos e os animais sen fogar. A isto chámase DEFORESTACIÓN. E para que se cortan as árbores? As persoas cortan as árbores para facer pistas forestais, cortalumes, construir vivendas, fabricar mobles, facer papel,... Pero non sempre é malo talar as árbores sempre que se faga de forma responsable e equilibribada, xa que as veces é necesario cortar unha árbore vella para deixar sitio ás plantas xóvenes e asi que o bosque se renove. Vimos o seguinte video:



Fichemos estas fichas:



Pero non só os incendios, o abandono e a deforestacións afectan á saude dos nosos bosques senón que hai outros perigos como a sequía, as plagas de insectos e a contaminación.
Despois disto, chegamos á conclusión de que a maioría das veces, o culpable de que o bosque se destrúa é o ser humano, por iso debemos concenciarnos da importancia que teñen os bosuqes, dos seres que viven neles e dos benefecios que nos aportan e que senón podemos perder. POR ESTE MOTIVO TEMOS QUE COIDALOS, XA QUE ELES NOS COIDAN A NÓS!!!!!!!

25 ene 2012

OS PERIGOS QUE ACECHAN AOS NOSOS BOSQUES


Despois de ver todos os beneficios que nos aportan os bosques, ao longo desta semana falamos dos perigos que os acechan. Moitos teñen que ver con nós, os seres humanos. Un dos máis importantes son OS INCENDIOS.  Aprendimos que os incendios destrúen os bosques deixando un mundo gris onde antes había vida, que eliminan a cuberta vexetal favorecendo a erosión, producen contaminación ambiental a través do fume e ademais fan que moitos animais coma Pepiño queden ser fogar ou o que é peor atrapados nas lapas.
Vimos os seguintes videos:





Fixemos as seguintes fichas:


E xogamos a estes tres xogos:




13 ene 2012

MURAL DOS BENEFICIOS DOS BOSQUES


Despois de ver cales son os beneficios que nos ofrecen os bosques, e vendo o bonita que nos quedou a ficha que fixemos, decidimos facer un mural igualiño para poñer no noso corredor. Así que as profes dividiron a ficha en trinta e seis pezas utilizando un programa que se chama BLOCK POSTERS e cada un de nos pintou unhas cuantas.





Hoxe xuntámonos dúas clases e pegamos cada peza no seu lugar correspondente. MENOS MAL QUE ESTABAN NUMERADAS!!!!




Despois para comprobar se nos lembrábamos de todos os beneficios que nos aportan os bosques, entre todos fixemos este cuestionario:


9 ene 2012

OS BENEFICIOS DOS BOSQUES

Retomando o noso proxecto dos bosques, despois das vacacións de Nadal, hoxe comezamos coa pregunta: QUE NOS PROPORCIONAN OS BOSQUES? E tivemos moitas respostas, a maioría madeira e comida (cogumelos, froitas,...).
Despois de falalo chegamos á conclusión de que os bosques son moi xenerosos coas persoas: proporciónannos madeira para facer papel e mobles; combustible para quentarnos (leña), alimentos ( froitos, caza, pesca), mediciñas (plantas medicinais), perfumes (plantas aromáticas), osíxeno para respirar e ademais son lugares de ocio (podemos facer sendeirismo, acampada,...)
Fixemos esta ficha para lembrar todo o que dixeramos:


E para pasar un ratiño entretido, que mellor que a baralla de Edufores xa que como eles din: "Esta baralla relaciona o bosque cos diferentes produtos forestais. Xogando con ela ao coñecido xogo de familias ou á vasoira, os escolares se familiarizan con estes productos renovables e reciclables e coa súa orixe natural".



Despois de ver o xenerosos que son os bosques connosco, vimos o seguinte video:





e xogamos ás parellas con todo o que nos aportan os bosques:


21 dic 2011

FELICITACIÓN DE NADAL

Nestas datas queremos felicitar a todos os nenos e nenas que participaron no proxecto dos bosques e tamén ás súas profes sen as cales este proxecto non podería ser levado a cabo. No blog da nosa amiga María José Fano, "DESVÁN DE PALABRAS", atopamos unha felicitación chulísima . Gustounos tanto que decidimos facer unha similar. Para iso fixemos unha presentación en POWER POIN T, despois a pasamos a video utilizando o programa LEAWO POWER POINT TO VIDEO  e por último o subimos ao noso canal de YOUTUBE. Aquí tedes o resultado:

25 nov 2011

CATALOGANDO E FOTOGRAFIANDO AS ÁRBORES DO PATIO


Por fin, hoxe fixo bo día e poidemos ir ao patio  a catalogar as árbores. De dúas en dúas clases, fomos cos encargados do taller de xardineiría, Tomé e Luís. Unha vez alí, tiñamos que identificar as árbores coa axuda das láminas. Había que fixarse moito nas ramas, follas, froitos,a forma do tronco,... pero algunhas árbores NON TIÑAN FOLLAS e iso facía moi difícil a identificación. Unha vez que xa sabiamos de que árbore se trataba, con axuda colocábamos a lámina ben atadiña, e lle sacábamos unha foto. Sí, sí, como escoitades, TAMÉN FIXEMOS DE FOTÓGRAFOS. Como sacamos moitísimas fotos, fixemos unha montaxe: primeiro seleccionamos as fotos e as colocamos como máis nos gustaron facendo collages e despois co MOVIE MAKER fixemos un pequeno video que subimos como sempre ao noso canal de YOUTUBE:


16 nov 2011

COMO NACEN AS ÁRBORES?

Continuando co noso proxecto, chegou o turno de saber como nacían as árbores, así que despois de buscar información  nun libro do noso recuncho dos bosques, vimos o seguinte video:


Que interesante, verdade? A continuación fixemos esta ficha onde vimos os pasos que había que seguir para que unha pequena semente se convertise nunha gran árbore:



11 nov 2011

DE VISITA POLO BOSQUE

Despois de estudar onte como podiamos clasificar as plantas según o seu tamaño, hoxe fomos de excursión para velas en vivo e en directo.
As dez da mañá veu a buscarnos un autobús que nos levou ata As Pontes. Unha vez alí deixounos nas oficinas técnicas da Mina de Endesa. A nosa guía, Marisol, levounos a unha habitación onde había un plano da mina e sobre el explicounos moitas cousas. Para que non perdésemos detalle de  todo o que nos contou, regalounos a cada un dous libros: "O LAGO DE AS PONTES" e "A MINA DE AS PONTES". Pero o máis divertido veu despois.
Saimos das oficinas e subimos a un microbÚs que tiña unhas rodas grandísimas e todos nos preguntabamos para que serían. Unha vez dentro, como verdadeiros obreiros, tivemos que poñer o noso casco e o noso chaleco reflectante e arrancamos rumbo ao lago artificial. De paseo polas pistas que o bordean descubrimos porqué eran necesarias esas rodas ¡CASE NON PODIAMOS PASAR DA LAMA QUE HABÍA! e por máis dunha vez por pouco quedamos atascados, menos mal que o noso conductor era un manitas que senón... A paisaxe era realmente preciosa. Pasamos por dúas pontes que atravesaban o río Illade e o Meidelo, vimos patos no lago, cabalos,... e fixemos unha paradiña na praia. Alí poidemos baixar do microbús e dar un paseo. Incluso sacamos unhas fotos para que poidésedes ver o guapísimos que estabamos todos co chaleco e co casco.
A continuación fomos a antiga Escombreira, na actualidade restaurada nun fermoso bosque, no que se plantaron unhas 600.000 árbores. Por todas partes víamos as cores do outono: amarelo, marrón e laranxa, e o chan  alfombrado de follas. Había árbores como castiñeiros, bidueiros, eucaliptos, piñeiros, carballos,... arbustos como xestas, loureiros, toxos,... e moitas herbáceas como campaíñas, margaridas, dentes de león,... Marisol contounos que nese enorme bosque habia 189 especies de vertebrados: 9 correspondentes a anfibios, 6 a réptiles, 131 a aves e 34 a mamíferos. O máis bonito foi cando vimos a varios corzos correndo a carón do autobús. Pasámolo moi ben e gustarianos repetir a experiencia a ser posible noutra estación do ano para poder apreciar os cambios na paisaxe.
E para que vexades o bonito que estaba todo e o ben que o pasamos aquí vos deixamos estas imaxes:

9 nov 2011

CLASIFICACIÓN DAS PLANTAS


                                                         Cómic feito con PIXTON

Sabiades que como hai moitas especies distintas de plantas, se utilizan distintos métodos para clasificalas? Un dos métodos é o que clasifica as plantas según o seu tamaño en: HERBÁCEAS, ARBUSTOS  e ÁRBORES.
As HERBÁCEAS son as plantas que xeralmente coñecemos como "herbas" con talos finos e flexibles, os ARBUSTOS, son plantas máis grandes que as herbáceas cun talo leñoso que se divide en pólas preto do chan, pero sin dúbida son as ÁRBORES, con grosos troncos leñosos e pólas que nacen lonxe do chan, as plantas que máis destacan, as máis lonxevas e que ademais serven de fogar a moitos animais como o noso Pepiño, que lembrades? vivía nunha carballeira.
Mañá iremos de excursión As Pontes a ver un enorme bosque. Mentres tanto, estivemos practicando para ver si sabiamos clasificar as plantas por este método, con estes recursos que atopamos. No primeiro tiñamos que clasificar en árbol, arbusto e herbas:


No segundo aparte de clasificar as plantas polo seu tamaño, tamén anduvimos a repasar as partes dunha planta:



E tamén fixemos estas dúas fichas. A primeira era moi doada pero a segunda custounos un pouquiño facela.




E como nos sobrou un pouquiño de tempo, vimos este conto:

8 nov 2011

PEPIÑO FÁLANOS DAS PLANTAS

Pepiño pasa todo o día rodeado de plantas e ainda que algunhas persoas pensan que as plantas non son interesantes, se nos fixamos ben nelas podemos comprobar que o seu mundo é apaixonante porque sen moverse do seu sitio teñen que resolver moitos problemas para sobrevivir: deben alimentarse, conseguir auga e luz, florecer, producir froitos e sementes, crecer e convivir con outros seres vivos.
Así que entre outras cousas, falamos das partes que teñen as plantas, e todos sabiamos que as plantas teñen follas, raíces, flores (algunhas, non todas) pero algúns non nos lembrábamos de como se chamaba " iso que había entre a raíz e a flor, por onde estaban as follas". Así que para aprender un pouquiño máis vimos o seguinte video que está moi ben ainda que se escoita un pouquiño mal.


Despois de ver o video, quedounos moi clariño que todas as plantas teñen RAÍZ para agarrarse ao chan e alimentarse, un TALO para soster as follas  e por suposto FOLLAS que son moi importantes porque se encargan de fabricar alimentos E de respirar cando reciben a luz do sol. Algunhas ademais teñen FLORES con PÉTALOS que son as follas de bonitas cores e SÉPALOS que son esas follas verdes que suxeitan aos pétalos.


E PARA QUE NON SE NOS OLVIDASE TODO O QUE APRENDIMOS, FIXEMOS ESTA FICHIÑA.

Despois no ordenador utilizamos este recurso. No que tiñamos que poñer en orde as partes dunha planta para que así poidese medrar: