27 oct 2011

CHARLA SOBRE OS NOSOS BOSQUES



Nati, que pertence á Sociedade Galega de Educación Ambiental, veu ao noso cole a darnos  unha charla sobre os bosques galegos. Falounos das distintas árbores que hai nos nosos bosques ,algúns xa as coñeciamos e ademais as temos no colexio como castiñeiros, acivro,... pero había outras que tiñan uns nomes moi raros que non nos soaban de nada. Vimos tamén diapositivas de paxaros, bufos e curuxas; tamén dun oso pardo, da pita do monte, do escornabois (estes dos últimos en vías de extinción), un ourizo,... Contounos moitos dos beneficios que nos dan os bosques como papel, madeira, alimento, infusións, colonias,... pero tamén nos dixo que hai moitos perigos que acechan aos bosques como son os incendios e a deforestación e que si queremos coidar os bosques , debemos plantar árbores e non tirar lixo neles.
Gustounos moitísimo a charla e estivemos todos moi atentos. Ollade as fotos:

26 oct 2011

OS NOSOS BOSQUES


       Ao longo deste trimestre, e aproveitando que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou este ano 2011 "Ano Internacional dos Bosques", faremos un proxecto titulado: "OS NOSOS BOSQUES" .
       ¿Por que sobre os bosques? Porque os bosques son ecosistemas ricos que nos permiten estudar os animais e plantas do noso contorno e tamén desenvolver no noso alumnado unha actitude de respecto hacia a conservación do medio ambiente.
        Con este proxecto pretendemos coñecer da man dun animal  típico dos bosques galegos como é o raposo, Pepiño o raposo,  a flora e fauna dos bosques galegos: clases de árbores, de plantas, animais en perigo de extinción,... e como podemos contribuír ao seu coidado.
Así pois, hoxe durante a asamblea, para saber as ideas previas que tiñan sobre os bosques, lles preguntamos aos rapaces e rapazas das catro clases:


QUE É PARA TI UN BOSQUE?
  
E estas foron as súas respostas: 
MARCOS:  O bosque é un sitio onde hai lobos e perros.
ALFONSO: Tamén hai ¿elefantes?
RAMIRO: Hai lobos, perros, moitas árbores, pedras e setas.
JESÚS: Onde hai animais de todo tipo e tamén ratas, ras, ...
JUAN MARCOS: É un sitio onde viven animais, plantas, ríos,...
JUAN PÉREZ: Un lugar onde hai cocóns, cabalos, esquíos, ríos, árbores,... 
MARTÍN: Un bosque é natureza, onde hai animais, moitas flores, árbores,... Un sitio para estar tranquilos sin que ninguén diga nada. Onde se pode correr e facer exercicio e tamén repirar o olor das árbores e da natureza.
ERIKA: Un bosque é onde hai bancos e columpios e tobogáns. No bosque hai cabaliños. Fun coa miña mamá.

QUE HAI NOS BOSQUES?

LETICIA: Nos bosques hai plantas, serpes, corzos. Tamén hai xabaríns. Cerca da miña casa hai bosques e gústame mirar para eles.
MANU: Hai animais.
ELENA: Hai plantas.
MANU: Viven raposos, caracois,...
LARA: "Bambis", xabaríns,...
ELENA: árbores grandes.
LARA: Teñen follas que lles caen.
MANU: Hai castañas, noces e as follas son de cores.
LARA: Tamén pode haber coellos e paxaros.


XA VEDES CALES SON OS SEUS COÑECEMENTOS PREVIOS. ASÍ QUE A PARTIRES DE AGORA PROFUNDIZAREMOS MÁIS NO TEMA E DAMOS COMEZO AO NOSO PROXECTO.
"OS NOSOS BOSQUES"