26 oct 2011

OS NOSOS BOSQUES


       Ao longo deste trimestre, e aproveitando que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou este ano 2011 "Ano Internacional dos Bosques", faremos un proxecto titulado: "OS NOSOS BOSQUES" .
       ¿Por que sobre os bosques? Porque os bosques son ecosistemas ricos que nos permiten estudar os animais e plantas do noso contorno e tamén desenvolver no noso alumnado unha actitude de respecto hacia a conservación do medio ambiente.
        Con este proxecto pretendemos coñecer da man dun animal  típico dos bosques galegos como é o raposo, Pepiño o raposo,  a flora e fauna dos bosques galegos: clases de árbores, de plantas, animais en perigo de extinción,... e como podemos contribuír ao seu coidado.
Así pois, hoxe durante a asamblea, para saber as ideas previas que tiñan sobre os bosques, lles preguntamos aos rapaces e rapazas das catro clases:


QUE É PARA TI UN BOSQUE?
  
E estas foron as súas respostas: 
MARCOS:  O bosque é un sitio onde hai lobos e perros.
ALFONSO: Tamén hai ¿elefantes?
RAMIRO: Hai lobos, perros, moitas árbores, pedras e setas.
JESÚS: Onde hai animais de todo tipo e tamén ratas, ras, ...
JUAN MARCOS: É un sitio onde viven animais, plantas, ríos,...
JUAN PÉREZ: Un lugar onde hai cocóns, cabalos, esquíos, ríos, árbores,... 
MARTÍN: Un bosque é natureza, onde hai animais, moitas flores, árbores,... Un sitio para estar tranquilos sin que ninguén diga nada. Onde se pode correr e facer exercicio e tamén repirar o olor das árbores e da natureza.
ERIKA: Un bosque é onde hai bancos e columpios e tobogáns. No bosque hai cabaliños. Fun coa miña mamá.

QUE HAI NOS BOSQUES?

LETICIA: Nos bosques hai plantas, serpes, corzos. Tamén hai xabaríns. Cerca da miña casa hai bosques e gústame mirar para eles.
MANU: Hai animais.
ELENA: Hai plantas.
MANU: Viven raposos, caracois,...
LARA: "Bambis", xabaríns,...
ELENA: árbores grandes.
LARA: Teñen follas que lles caen.
MANU: Hai castañas, noces e as follas son de cores.
LARA: Tamén pode haber coellos e paxaros.


XA VEDES CALES SON OS SEUS COÑECEMENTOS PREVIOS. ASÍ QUE A PARTIRES DE AGORA PROFUNDIZAREMOS MÁIS NO TEMA E DAMOS COMEZO AO NOSO PROXECTO.
"OS NOSOS BOSQUES" 

No hay comentarios: