21 dic 2011

FELICITACIÓN DE NADAL

Nestas datas queremos felicitar a todos os nenos e nenas que participaron no proxecto dos bosques e tamén ás súas profes sen as cales este proxecto non podería ser levado a cabo. No blog da nosa amiga María José Fano, "DESVÁN DE PALABRAS", atopamos unha felicitación chulísima . Gustounos tanto que decidimos facer unha similar. Para iso fixemos unha presentación en POWER POIN T, despois a pasamos a video utilizando o programa LEAWO POWER POINT TO VIDEO  e por último o subimos ao noso canal de YOUTUBE. Aquí tedes o resultado:

19 dic 2011

COÑECENDO AS NOSAS FRAGAS

Agora que xa rematamos de estudar os seres vivos que hai nos bosques, hoxe fixemos esta actividade JClic onde repasamos algúns animais e algunhas árbores que podemos atopar nos bosques e fragas galegos.


Moitas grazas ao C.E.I.P Galán de A Coruña por compartirlas.

16 dic 2011

CAZA DO TESOURO:COÑECENDO AS VACALOURAS

Como o prometido é débeda, hoxe fomos a aula de informática a aprender moitas cousas sobre as vacalouras. As profes tíñannos preparada unha CAZA DO TESOURO para que averigüaramos moitas cousas sobre elas así que coa axuda dos que sabían ler puxémonos mans a obra e aprendimos un montón de cousas sobre estes enormes insectos. Clica na imaxe:

14 dic 2011

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Continuando cos animais que habitan  nos bosques galegos aprendimos que hai dous animais en Galicia que están en perigo de extinción.  EXTINCIÓN? Ao principio non sabiamos o que quería dicir esa extraña palabra pero despois de falalo descubrimos que eran animais que estaban a puntiño de desaparecer. Son:
A PITA DO MONTE

e a VACALOURA ou ESCORNABOIS:


O escornabois gustounos moito e quixemos aprender moito máis sobre él así que as profes prometéronnos que o venres  iríamos a informática a aprender moitas cousas sobre eles.

Mentras tanto, fixemos estes PUZZLES sobre eles que elaboramos en JIGSAW PLANET:


preview12 piecePITA DO MONTEpreview12 pieceVACALOURA

9 dic 2011

REPASANDO CONCEPTOS MATEMÁTICOS

Hoxe fomos a PDI. Unha vez alí estivemos coloreando unha paisaxe dun bosque. Era moi divertido porque ademais de colorear podíamos colocar animais e plantas.


Aproveitamos o xogo para repasar conceptos matemáticos: máis/menos, conteo,... Cantos animais saían no noso debuxo? E que pasaba se se ían algúns? Había máis nun debuxo ou noutro?

Despois fixemos estas sinxeliñas fichas :

5 dic 2011

AVES E MAMÍFEROS

Hoxe falamos na clase dos mamíferos e das aves. Aprendimos que os mamíferos nacen da barriga da súa mamá, que se alimentan do leite das súas mamas cando son pequenos, que teñen o corpo cuberto de pelo e  que respiran por pulmóns. Por outra banda, as aves teñen o corpo cuberto de plumas, teñen peteiro e ás para voar e as súas crías nacen de ovos.
Para ver si nos quedou clariño, xogamos a clasificar animais:


traballamos con esta ficha:


Xogamos a este sinxelo xogo onde había que colocar aos animais no bosque:


E despois fixemos estes puzzles de animais do bosque:


2 dic 2011

HABITANTES DO BOSQUE


A estas alturas do proxecto xa sabemos que os bosques son amplas superficies de terra cubertas de moitas árbores, arbustos, herbas,... Pero os bosques son tamén o fogar de moitas especies animais que se alimentan e buscan acubillo nas súas árbores.
Nos bosques galegos podemos atopar unha gran variedade de animais:
- Mamíferos como o lobo, o corzo, o xabarín, o raposo, o teixugo, ...
- Aves como a aguia, a perdiz, a gaivota, o corvo, a rula, a laverca, a pita do monte,...
- Réptiles como o lagarto, a píntega, a víbora, a cobra,...
Algúns xa os coñecíamos pero outros non por iso vimos a seguinte presentación:

Fixemos esta sinxela ficha:


E despois este puzzle:

1 dic 2011

REPASAMOS O APRENDIDO SOBRE AS PLANTAS

Agora que xa aprendimos un montón de cousas sobre as plantas e as árbores do noso contorno, antes de empezar a coñecer os animais, fixemos un pequeno repaso utilizando estas dúas aplicacións:



Con elas repasamos as partes dunha planta, a súa clasificación, como nacen e medran , os coidados que necesitan , ...