Nestas datas queremos felicitar a todos os nenos e nenas que participaron no proxecto dos bosques e tamén ás súas profes sen as cales este proxecto non podería ser levado a cabo. No blog da nosa amiga María José Fano, "DESVÁN DE PALABRAS", atopamos unha felicitación chulísima . Gustounos tanto que decidimos facer unha similar. Para iso fixemos unha presentación en POWER POIN T, despois a pasamos a video utilizando o programa LEAWO POWER POINT TO VIDEO e por último o subimos ao noso canal de YOUTUBE. Aquí tedes o resultado:
21 dic 2011
FELICITACIÓN DE NADAL
Etiquetas:
FELICITACIÓN,
LEAWO POWER POINT TO VIDEO,
NADAL,
POWER POINT,
VIDEOS
19 dic 2011
COÑECENDO AS NOSAS FRAGAS
Agora que xa rematamos de estudar os seres vivos que hai nos bosques, hoxe fixemos esta actividade JClic onde repasamos algúns animais e algunhas árbores que podemos atopar nos bosques e fragas galegos.
Moitas grazas ao C.E.I.P Galán de A Coruña por compartirlas.
16 dic 2011
CAZA DO TESOURO:COÑECENDO AS VACALOURAS
Como o prometido é débeda, hoxe fomos a aula de informática a aprender moitas cousas sobre as vacalouras. As profes tíñannos preparada unha CAZA DO TESOURO para que averigüaramos moitas cousas sobre elas así que coa axuda dos que sabían ler puxémonos mans a obra e aprendimos un montón de cousas sobre estes enormes insectos. Clica na imaxe:
Etiquetas:
ANIMAIS,
CAZA DO TESOURO,
EXTINCIÓN,
VACALOURAS
14 dic 2011
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Continuando cos animais que habitan nos bosques galegos aprendimos que hai dous animais en Galicia que están en perigo de extinción. EXTINCIÓN? Ao principio non sabiamos o que quería dicir esa extraña palabra pero despois de falalo descubrimos que eran animais que estaban a puntiño de desaparecer. Son:
A PITA DO MONTE
e a VACALOURA ou ESCORNABOIS:
O escornabois gustounos moito e quixemos aprender moito máis sobre él así que as profes prometéronnos que o venres iríamos a informática a aprender moitas cousas sobre eles.
Mentras tanto, fixemos estes PUZZLES sobre eles que elaboramos en JIGSAW PLANET:
12
PITA DO MONTE
12
VACALOURA
A PITA DO MONTE
e a VACALOURA ou ESCORNABOIS:
O escornabois gustounos moito e quixemos aprender moito máis sobre él así que as profes prometéronnos que o venres iríamos a informática a aprender moitas cousas sobre eles.
Mentras tanto, fixemos estes PUZZLES sobre eles que elaboramos en JIGSAW PLANET:


Etiquetas:
ANIMAIS,
EXTINCIÓN,
JIGSAW PLANET,
PITA DO MONTE,
PUZZLES,
VACALOURAS
9 dic 2011
REPASANDO CONCEPTOS MATEMÁTICOS
Hoxe fomos a PDI. Unha vez alí estivemos coloreando unha paisaxe dun bosque. Era moi divertido porque ademais de colorear podíamos colocar animais e plantas.
Aproveitamos o xogo para repasar conceptos matemáticos: máis/menos, conteo,... Cantos animais saían no noso debuxo? E que pasaba se se ían algúns? Había máis nun debuxo ou noutro?
Despois fixemos estas sinxeliñas fichas :
Aproveitamos o xogo para repasar conceptos matemáticos: máis/menos, conteo,... Cantos animais saían no noso debuxo? E que pasaba se se ían algúns? Había máis nun debuxo ou noutro?
Despois fixemos estas sinxeliñas fichas :
Etiquetas:
ANIMAIS,
FICHAS,
MATEMÁTICAS,
OPERACIÓNS,
PDI,
XOGOS
5 dic 2011
AVES E MAMÍFEROS
Hoxe falamos na clase dos mamíferos e das aves. Aprendimos que os mamíferos nacen da barriga da súa mamá, que se alimentan do leite das súas mamas cando son pequenos, que teñen o corpo cuberto de pelo e que respiran por pulmóns. Por outra banda, as aves teñen o corpo cuberto de plumas, teñen peteiro e ás para voar e as súas crías nacen de ovos.
Para ver si nos quedou clariño, xogamos a clasificar animais:
traballamos con esta ficha:
Para ver si nos quedou clariño, xogamos a clasificar animais:
traballamos con esta ficha:
Xogamos a este sinxelo xogo onde había que colocar aos animais no bosque:
E despois fixemos estes puzzles de animais do bosque:
2 dic 2011
HABITANTES DO BOSQUE
A estas alturas do proxecto xa sabemos que os bosques son amplas superficies de terra cubertas de moitas árbores, arbustos, herbas,... Pero os bosques son tamén o fogar de moitas especies animais que se alimentan e buscan acubillo nas súas árbores.
Nos bosques galegos podemos atopar unha gran variedade de animais:
- Mamíferos como o lobo, o corzo, o xabarín, o raposo, o teixugo, ...
- Aves como a aguia, a perdiz, a gaivota, o corvo, a rula, a laverca, a pita do monte,...
- Réptiles como o lagarto, a píntega, a víbora, a cobra,...
Algúns xa os coñecíamos pero outros non por iso vimos a seguinte presentación:
Fixemos esta sinxela ficha:
E despois este puzzle:
Etiquetas:
ANIMAIS,
AUTHORSTREAM,
BITS DE ANIMAIS,
DESCARGAS,
FICHAS,
JIGSAW PUZZLE,
MAMÍFEROS,
PUZZLES
1 dic 2011
REPASAMOS O APRENDIDO SOBRE AS PLANTAS
Agora que xa aprendimos un montón de cousas sobre as plantas e as árbores do noso contorno, antes de empezar a coñecer os animais, fixemos un pequeno repaso utilizando estas dúas aplicacións:
Con elas repasamos as partes dunha planta, a súa clasificación, como nacen e medran , os coidados que necesitan , ...
Con elas repasamos as partes dunha planta, a súa clasificación, como nacen e medran , os coidados que necesitan , ...
Etiquetas:
RECURSOS MULTIMEDIA,
REPASO PLANTAS
30 nov 2011
A IDADE DAS ÁRBORES
Sabedes como se averigüa a idade dunha árbore? Non? Para saber súa idade temos que buscar unha árbore previamente cortada e contar os círculos (aneis) que hai no tronco. Cada anel conta como un ano. Ademais se observamos atentamente veremos que os aneis non son todos iguais. Os aneis delgados indican que ese ano a árbore medrou pouquiño mentras que os anchos dinnos que medrou moito. Cando fixemos a visita aos xardíns a semana pasada, quitei estas dúas fotos:
SEREDES CAPACES DE AVERIGÜAR A SÚA IDADE?
29 nov 2011
CONTINUANDO COAS ÁRBORES...
Hoxe estivemos a facer algunhas fichiñas máis.
Para lembrarnos do nome dalgunha delas ...
Para pensar un pouquiño ...
Para contar ...
Esta última non nos dou tempo a escaneala pero xa vos amosaremos máis adiante o ben que o fixeron. E como non todo ha de ser traballar, tamén xogamos a facer estes puzzles das árbores máis comúns:
28 nov 2011
AS FOLLAS DAS ÁRBORES
Aproveitando a saída do venres,hoxe falamos das follas das árbores e do importantes que son porque nelas se fabrica o alimento. Lembramos que as árbores teñen distinto tipo de follas: hainas delgadas como as do magnolio, anchas como as do castiñeiro de Indias, en forma de agulla como as do piñeiro e o abeto, co borde ondulado como o carballo , dentado como como o acivro,...
Tamén aprendimos que algunhas árbores perden as súas follas no outono e inverno coa chegada do tempo frío como o castiñeiro, o bidueiro, a faia.... Estas árbores chámanse de FOLLA CADUCA. Nembargantes, outras árbores renovan as súas follas pouquiño a pouquiño e nunca teñen as súas ramas nús como o eucalipto ou o piñeiro. Chámanse árbores de FOLLA PERENNE.
Así que para ver si estivemos moi atentos na nosa saída, fixemos esta ficha. Era un pouquiño difícil de facer pero coa axuda das profes e das fotos que sacamos o venres ao final saiunos:
Ademais estivemos a facer estas bonitas follas animadas para o noso corredor:
Etiquetas:
CADUCA,
FICHAS,
FOLLAS,
MANUALIDADES,
PERENNE
25 nov 2011
CATALOGANDO E FOTOGRAFIANDO AS ÁRBORES DO PATIO
Por fin, hoxe fixo bo día e poidemos ir ao patio a catalogar as árbores. De dúas en dúas clases, fomos cos encargados do taller de xardineiría, Tomé e Luís. Unha vez alí, tiñamos que identificar as árbores coa axuda das láminas. Había que fixarse moito nas ramas, follas, froitos,a forma do tronco,... pero algunhas árbores NON TIÑAN FOLLAS e iso facía moi difícil a identificación. Unha vez que xa sabiamos de que árbore se trataba, con axuda colocábamos a lámina ben atadiña, e lle sacábamos unha foto. Sí, sí, como escoitades, TAMÉN FIXEMOS DE FOTÓGRAFOS. Como sacamos moitísimas fotos, fixemos unha montaxe: primeiro seleccionamos as fotos e as colocamos como máis nos gustaron facendo collages e despois co MOVIE MAKER fixemos un pequeno video que subimos como sempre ao noso canal de YOUTUBE:
Etiquetas:
CATALOGACIÓN,
FOTOGRAFIAMOS,
MOVIE MAKER,
VIDEOS
23 nov 2011
COMO VAN AS NOSAS PLANTAS?
Queredes saber que pasou coas nosas plantiñas? Pois ben, estivemos levando un control delas, observándoas todos os días e descubrimos dúas cousas:
1º.- Que xerminan moito antes as LENTELLAS que as FABAS, e
2º.- Que a calor inflúe moito na xerminación pois nas clases onde a calefacción está moi alta, as plantas medraron un montón e noutras clases que vai máis frío, tardaron case seis días en empezar a xerminar e algunha todavía non comezou.
E apuntamos nunha folla de control os resultados:
1º.- Que xerminan moito antes as LENTELLAS que as FABAS, e
2º.- Que a calor inflúe moito na xerminación pois nas clases onde a calefacción está moi alta, as plantas medraron un montón e noutras clases que vai máis frío, tardaron case seis días en empezar a xerminar e algunha todavía non comezou.
E apuntamos nunha folla de control os resultados:
Etiquetas:
FICHAS,
INVESTIGACIÓN,
PLANTACIÓN,
XERMINACIÓN
21 nov 2011
FACEMOS MATEMÁTICAS
Estes días, estivemos repasando conceptos matemáticos coma non, coas árbores. Lembramos os conceptos maior e menor; grande, pequeno e mediano; fixemos problemas matemáticos,...
Estas son as fichas que fixemos:
Estas son as fichas que fixemos:
Tamén estivemos repasando conceptos e aprendendo vocabulario sobre as plantas:
Etiquetas:
FICHAS,
MATEMÁTICAS,
PROBLEMAS,
RECURSOS MULTIMEDIA,
TAMAÑOS
18 nov 2011
PLANTAMOS!!!
Hoxe as profes chegaron a clase cargadas con lentellas e fabas, vasos de plástico transparente, algodón e unha botella de auga. Quedámonos todos un pouquiño sorprendidos, para que serían aquelas cousas? Ata que por fin nolo explicaron: ÍBAMOS A PLANTAR!!!!!! E que a verdade é que despois de ver onte como nacía unha árbore, tiñamos o gusaniño de plantar unha e como polo de agora unha árbore non podía ser pois ..... nos conformamos coa nosa plantiña. Como iso de plantar eche moi divertido, animamos a dúas clases máis do cole a que tamén plantasen. Estes son os pasos que seguimos:
Xa vos amosaremos como van medrando as nosas plantiñas.
Etiquetas:
EXPERIENCIAS,
FOTOS,
PLANTAR,
XERMINACIÓN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)