27 feb. 2012

COMO PODEMOS AXUDAR A COIDAR OS BOSQUES?


Despois do parón por mor do miniproxecto do Entroido, a semana pasada retomamos o noso proxecto sobre os bosques que xa estamos a piques de rematar. E que mellor forma que falando das cousiñas que podemos facer nós para axudar a coidar os bosques? Preguntádevos que podemos facer? Pois ben ainda que somos pequenos son moitas as accións que podemos facer para axudar á conservación dos nosos bosques, como:

* Participar en labores de reforestación, plantando árbores e pos suposto coidando as que xa temos.
* Reciclar os produtos derivados da madeira que consumimos.
* Utilizar papel reciclado e usar só as follas que precisamos  aproveitándoas ao máximo.
* Separar o papel e o cartón para reciclalos.
* Coidar a auga dos ríos e do mar empezando por aforrala na casa: non deixando as billas abertas, dándonos duchas no lugar de baños,...
* Non permitir que se acendan fogueiras no monte porque son MOI PERIGOSAS e poden causar incendios.
* Denunciar se vemos a alguén botando augas sucias ou aceites aos campos ou ríos xa que contaminan os contaminan.
* Respetar o contorno e manténdoo limpo.
* Respetar todas as especies vexetais e animais que viven nel.
* Colaboraro nas accións de limpeza, xa sexa de lixo ou de ramas secas e follas..

Fixemos esta ficha para lembrar algunhas das cousas que dixemos:


Escoitamos o conto:O BOSQUE ENCANTADADO e nos divertimos na PDI facendo as actividades con este libro LIM que preparou unha das nosas profes coa axuda dunhas compañeiras doutro cole:



E tamén traballamos con este recurso que atopamos sobre o coidado da natureza:


xogamos a este xogo sobre a reciclaxe de papel:


e escoitamos a canción Había una vez un bosque., utilizado na campaña de REFORESTACIÓN:

9 feb. 2012

PROFESIÓNS RELACIONADAS COS BOSQUES


Hoxe falamos dalgunhas das profesións relacionadas cos bosques como leñador, gardabosques e bombeiro aos que debemos estarlles agradecidos porque  entre outras cousas, se encargan de limpar os bosques, vixiar que estean en boas condicións e apagar os incendios. Primeiro xogamos ás adiviñas con esta presentación que fixemos utilizando AuthorSTREAM:

Despois fixemos esta fichiña:



e xogamos ao xogo do GARDABOSQUES:

3 feb. 2012

OS PERIGOS DOS BOSQUES (II)


Esta semana continuamos vendo cales eran os perigos que acechaban aos bosques ademais dos incendios. Así vimos que outro dos perigos que sofren algúns bosques é o seu estado de ABANDONO. Por iso é importante que nas zonas nas que existe perigo de incendio, se limpen os bosques de maleza e madeira morta. Por outra banda, algunhas persoas desfanse de certos obxectos, lixo ... deixándoos no bosque. NUNCA DEBEMOS UTILIZAR OS BOSQUES PARA BOTAR O LIXO!!!!!




Tamén aprendimos que a tala incontrolada de árbores  fai que os bosques queden desprotexidos e os animais sen fogar. A isto chámase DEFORESTACIÓN. E para que se cortan as árbores? As persoas cortan as árbores para facer pistas forestais, cortalumes, construir vivendas, fabricar mobles, facer papel,... Pero non sempre é malo talar as árbores sempre que se faga de forma responsable e equilibribada, xa que as veces é necesario cortar unha árbore vella para deixar sitio ás plantas xóvenes e asi que o bosque se renove. Vimos o seguinte video:



Fichemos estas fichas:



Pero non só os incendios, o abandono e a deforestacións afectan á saude dos nosos bosques senón que hai outros perigos como a sequía, as plagas de insectos e a contaminación.
Despois disto, chegamos á conclusión de que a maioría das veces, o culpable de que o bosque se destrúa é o ser humano, por iso debemos concenciarnos da importancia que teñen os bosuqes, dos seres que viven neles e dos benefecios que nos aportan e que senón podemos perder. POR ESTE MOTIVO TEMOS QUE COIDALOS, XA QUE ELES NOS COIDAN A NÓS!!!!!!!