19 jun. 2012

VISITA Á LAGOA DE DONIÑOS




Ainda que xa rematamos o noso proxecto sobre os bosques, tiñamos pendente unha excursión á LAGOA DE DONIÑOS. Así que hoxe pola mañá fixemos un itinerario medioambiental pola lagoa. Foi unha experiencia fantástica. Coñecimos prantas e arbustos novos como a herba de San Roberto, o torvisco, a malcomia,... lembramos o nome dalgunhas que xa coñeciamos como as estaletas, os toxos, as xestas,... vimos árbores como oliveiras, nogueiras, castiñeiros,.. e tamén cardos, allos bravos,... Escoitamos as rás, observamos insectos como bolboretas, libélulas e reis reis; contemplamos cos prismáticos paxaros como gaivotas e anduriñas e o mellor de todo, cando nos achegamos á beira da praia vimos nin máis nin menos que  DOUS GOLFIÑOS NADANDO!!!!! Que preciosidade! Mágoa que quedaran un pouquiño lonxe e se agocharan tralas rochas polo que non poidemos quitarlles ningunha foto. Aquí vos deixamos estas fotos dalgunhas das cousiñas que vimos: