14 nov. 2011

O XARDÍN DO NOSO COLE

Sabedes que imos ir de visita polos xardíns do noso cole? Pois con un pouco de sorte será a próxima semana. Para ir preparando a saida, estes días andivemos a buscar en google, imaxes das árbores que imos atopar no patio. O profe Tomé preparounos unhas diapositivas con todas as árbores que veremos. Nós axudamos a plastificar algunhas e o día da excursión aproveitaremos para  colgar cada unha na súa árbore correspondente. Aquí vos deixamos algunhas das fotos:

PREPARANDO A SAIDA on PhotoPeach


Despois do recreo, fomos a xardinería a ver unha pequena exposición de setas que Tomé e Luis, os nosos encargados do taller de xardinería, atoparon no patio do cole. Coa axuda dunha guía, os alumnos do PCPI as catalogaron e colocaron un cartel cos seus nomes. O resultado foi fantástico. Non si?

2 comentarios:

Blanca dijo...

Ana, qué bonito te ha quedado este nuevo blog. Con razón estás tan ocupada, no tienes tiempo ni para respirar. Muy bonito y muy práctico. Un besazo fuerte fuerte. Y cuidado!! con gente tan trabajadora como tú van a tener que despedir a 50, jaja.

Audición e linguaxe dijo...

Estades feitos uns traballadores, e dádeslle a todo : búsqueda de información, plastificado...Noraboa por compartir esta experiencia tan interesante e enriquecedora. Sígovos de cerca!! Biquiños!!